Xa é cita obrigada en setembro acudir a Broña (Outes), unha carreira moi bonita e entretida no pinar e paseo xunto a praia. O ambiente con todas actividades e a rapazada correndo a súas carreiras é moi agradable e motivante.
cartaz cos eventos da finde
A ruta é suavemente ondulada, cunha subida un pouco máis longa e consistente, pero é todo de moito correr con ese puntiño de ir sabendo regular as forzas. Participei na carreira de (case) 10km e saímos xunto aos que corren 5,5km. Esto a veces, se te deixas levar, pode facer que corras ao ritmo que non debes, pois se cadra acóplaste a un grupiño que non vai a túa mesma distancia e polo tanto soen ir un pouco máis rápido, sacándote de punto. Que non foi o caso.
Facía bastante calor e humidade e fundínme eu soíño 😂 sen axuda de ninguén. Como sempre o quencemento, por chamarlle de algún xeito, foi suave e ate a primeira costiña fun metido no grupo collendolle o ritmo. Ahí, sen matarme, comecei a pasarlle a xente e pronto metín o ritmo cruceiro, o que consideraba que era axeitado: bastante forte pero gardando un puntiño para non achicar ao final.
Un pouco para arriba, costiña para abaixo, fomos facendo ate que na subidiña do quilómetro catro deime conta de que me estaba acalorando, que igual tiña que ir máis amodo. Así seguín máis ou menos igual, pero nas costas arriba procurando non asfixiarme e nas baixadas darme algo de marxe para recuperar.
Puiden desfrutar do sol e calor, que me estaban apretando (como a todas), pero sabendo que estamos nas últimas semanas do ano onde podemos desfrutar de estas sensacións.
Xa no seis está a subida longa que logo baixas ate a beira do mar polo pinar e depois recorres o paseo ao longo do mar de volta ate a plaia. Chegando a este paseo é cando queda pouco máis dun quilómetro e ía coa idea de cambiar de ritmo e dalo todo 😂 ... and lift off!!
Mirando os datos tampouco me achiquei nin nada, pero xa fora "a tope" durante un bo anaco cando eu pensaba que tiña certa marxe para cambiar de ritmo. Pero non, fun como puiden ate o final xa con sensación de ir como podía.
Por gusto mirei o tempo que fixen o ano pasado, un día moito máis fresco, e fora só uns segundos máis rápido e quedei só un pouco mellor na clasificación, cando onte esforceime realmente máis. Para rematar os últimos metros na plaia... matadores!!
Pero con todo: moi ben!! Como sempre todo ben sinalizado e con xente coidando nos cruces, unha auga na metade do camiño (grazas pola mangueira para refrescarnos!!) e froita e auga para todas ao final. Grazas.
datos da miña carreira, foto MRPS
Por moitos anos máis.
Comments
No comments yet. Be the first to react!