Trail Portus Apostoli - Noia

reseña da participación no evento trailrunning

Se se trataba de sacarlle a carbonilla ao escape e por a punto os inyectores... misión cumplida! Válgame el cielo! Foron case dúas horas co motor (case) a tope de revolucións.

imaxe perfil

as imaxes dos perfís sempre enganan un pouco, e este xa se vía que non tiña demasiado desnivel acumulado, pero o que non contaba era con que prácticamente era todo correr para as persoas do meu nivel. Menos algún tramo solto de 100 ou 200m. creo que fixen todo correndo.

imaxe ruta

O plan

O "plan", a estas alturas, era non mancarme. Un apoio mal feito, unha escordadura, unha perna rota... non veñen ao caso a unha semana vista. Así postos chegamos a saída con moito tempo de marxe e ate trotei un pouco por alí e todo. Estaba nublado e fresco, pero non facía nin vento nin chovía (tivemos sorte!!) polo que agradecíase o trote para entrar en calor. Pero sin sudar nin nada :P, que tampouco ven ao caso :D

Saída máis ben atrás como sempre, e veña a lo loco! comezan a pasarche como avións e un pensa... vaite vaite, que xa caerás cual fruta madura.

Poeta!

Quizais non con estas palabras :D . O primeiro par de quilómetros era moi chan nas rúas de Noia ate que saías da vila e comezábamos a subir.

Xa co grupo estirado e costa arriba, moi tendida pero con camiño ancho, comecei a pasarlle a xente ao pillar o meu ritmo. Non era unha carreira longa, así que como me estaba encontrando ben decidín ir a bo ritmo e si tal xa recuperaría na baixada. Non quería en ningún caso chegar a esa sensación de que te estás pasando de ritmo, quería quedar con boas sensacións para o domingo que ven, pero tamén facer un último adestramento de calidade.

Cruzamos algunha leira de eucaliptos, algún camiño moi empinado, pero como digo case todo tiña un desnivel corrible ate que chegamos a San Xusto, onde se cruzaba a carretera e comezaba a baixada.

imaxe capela Mara G.

Correndo a carón de San Xusto, por Mara G.

Ao primeiro demos un pequeno rodeo no cauce alto do regueiro, que o teñen moi ben coidado e da gusto velo, para despois coller un camiño ancho e con desnivel suave que foi rapidísssimo. Aquí corremos de verdade. A estas alturas xa prácticamente estas rodeado polos do teu nivel polo que igual lle adiantas a dous ou tres como outros tantos che pasan a ti, pero nin gañas nin perdes postos. Conste que sigo sen mirar as clasificacións 😉

imaxe regueiro Mara G

Imaxe bonita grazas a Mara G. da zona xunto a capela.

Cara a meta

Ahí polo quilómetro 13 o desnivel cesaba case por completo, seguindo o tramo final do río baixo a vexetación. É zona de pesca de troita, polo que todo ao longo do río hai carreiros e os camiños están limpos. Quizais se precisa algo de habilidade para non enganchar nas raíces ou perder un pé nunha lousa, pero técnicamente esta zona era para correr se tiñas forza.

imaxe suxeitando a corda

Aquí un paso con corda, imaxe da organización.

E a min xa me parecía que se me estaba acabando. Non ía morto ou asfixiado, pero como fora tan rápida a zona previa agora sentía que había que poñer máis forzas nas pernas e eu non as tiña. Así que intentei olvidarme de todo e por o ritmo que sentía podía manter sen problema: con esforzo pero sin tirar demasiado do alento.

Mirando os datos vexo que non fun tan lento (dado o terreo), pero a sensación que tiña era de que ese era o ritmo máximo sostible e que non pagaba a pena entrar en agonías por 20" de máis ou menos.

Porque esa é a ganacia/pérdida que tes por ir forte ou intentar ir o máis forte que podes. En estos eventos esa diferencia final é irrelevante e sin embargo as sensacións ao correr son moi diferentes, na primeira desfruto, na segunda...

Na meta

Pois moi ben: unha hora e corenta e tres minutos despois cheguei correndo a bo ritmo sen agonías, sen mancarme, percances nin nada :D A media baixada, debo dicir, que a zona interior do muslo dereito estaba algo rara. Non sei, tampouco me impedía, pero deixoo posto aquí por si fose a máis saber de cando empezou a cousa.

Papamos algo, ducha quente e ate a próxima!!

imaxe cartaz

Cartaz do evento.