un longo camiño
case me pasa desapercibido o acontecemento, pero hai uns días pasei o miliario 3 correndo descalzo.
máis de 3000km. correndo descalzo desde que comecei a contalos
Se aos 1000km (Out/2016) che contei por onde corro descalzo e nos 2000km(Xan/2019) xa non sabía moi ben se dicir algo, agora ... por que escribo esto?
Non sei, a pesar de ser un hábito totalmente integrado, aínda me fai ilusión contalo para que poidas ver que é unha forma de correr totalmente accesible para calquera.
¿Cando fai frío abrígaste máis? ¿Cando corres moitas horas levas auga e comida? Pois o terreo polo que corres é unha condición máis. Por correr descalzo algunhas veces non significa que corra sempre descalzo, se non que cando as miñas condicións e o chan o permiten, e a min me apetece, pois vou correndo descalzo.
Adaptación e Hábito
Puxen a data dos artigos anteriores porque chegar aos primeiros mil levoume uns tres anos, chegar aos 2000 uns dous anos e pico, pero chegar aos 3000km só ano e medio. Por esto digo que xa se converteu nun hábito e síntome completamente adaptado a correr descalzo nos lugares axeitados, nos lugares onde me sinto cómodo, relaxado e seguro.
Non entendo correr descalzo como un fin, se non como un medio, pero un medio para desfrutar de correr e non para un obxetivo concreto ou demostrar unha valía especial.
Se che presta podes ler outros artigos relacionados con Correr Descalzo
imaxe de hai uns días, correr pola gravilla aínda me costa
Por outros mil...
Comments
No comments yet. Be the first to react!