👣XXIII Carreira Popular de Ordes

primeira carreira descalzo da tempada

Domingo, 9 de setembro de 2018

Voltei a participar este ano, a XXIII Carreira Popular de Ordes. Había uns cuantos anos que non ía e o primeiro que me pasou foi que, pensando estos días de atrás cómo era o percorrido, confundín a ruta coa carreira de Carballo. Que non pasa nada, que total é dar unha volta por alí, pero non lembraba toda a subida que hai na de Ordes, e foi algo máis dura do que pensaba. Lembraba unha carreira con moita máis participación, hoxe debíamos ser uns cen na categoría de adultos. Foi agradable ver a saída da categoría das corredoras máis pequeniñas, sempre tan animosas, pero para ser unha carreira popular con tanta tradición deume algo de pena. Ou nostalxia de tempos mellores.

cartaz da proba e datos strava

A carreira

Este ano 2018 é a primeira carreira popular na que corro descalzo, pero só porque... non participei en carreiras de asfalto. Ate a data todo foron trails, e ahí non me atrevo. En este aspecto non tiven problema, porque é habitual que adestre descalzo así que estou afeito a técnica e as sensacións. O único unha pequena rozadura entre dous dedos, pero debido a velocidade (hai meses que non corro así de rápido) máis que a ir descalzo xa que as dedas e as plantas dos pés quedaron perfectas, sin rozaduras nin calenturas. cadencia carreira Ordes A carreira en si estivo ben, non petei, e eso que pola falta de práctica saín un pouco chispado e temín telo pagalo contra o final. Esto aprendese coa práctica e con un par de carreiras máis xa sabes cando estás indo rápido de máis ou vas ben. Sáese do centro da vila, xunto ao concello, e tras unha pequena volta por alí saes dirección a escola (primeira subida); voltas a vila e torces a esquerda pola estrada dirección a Silva. Este tramo de subida é o máis longo e duro, non é demasiado empinado pero a pesar de ser tendido faise longo. Despois torces a dereita para voltar a meta por terreo maiormente descendente. perfil carreira Ordes 2018 O asfalto é bo e fino, menos un quilómetro aló polo cinco (onde estaba a auga) que estaba moi roto e abrasivo e tiven que ir con xeito de non chamuscar os pés. Como dicía, non me asfixiei e puiden charlar tranquilamente coas compañeiras corredoras na meta mentras nos repoñíamos co abondoso avituallamento.

Resultado

Bo, paseino ben e non me manquei. Qué máis pedir!?


Podes comentar este artigo desde a túa conta no fediverso sin ter que abrir unha conta en este servidor, que para eso federamos!.

CC BY-SA