Título: Tau cero (1970)
Autor: Poul W. Anderson
portada, wikipedia
Máis unha novela ambientada nun futuro tecnolóxicamente máis avanzado para presentar temas clásicos (de onde vimos, hacia onde imos) a través de unha situación de crise que se presenta nunha viaxe interestelar, literalmente por todo o universo.
carta de navegación, o universo.
Na novela, unha expedición en misión de exploración é enviada nunha viaxe a un planeta a distancia 32 anos luz da Terra, a comprobar en persoa a viabilidade de establecer unha colonia humana nese planeta. Na primeira parte da novela o autor céntrase no plantexamento de problemas de índole moral e do sentido da vida para ir debullando posibles respostas aos mesmos a través de cómo se comportan os personaxes e as decisións que toman ou o xeito en que afrontan tales dilemas. Son problemas e cuestións relacionados coa perda de referencias coas que a humanidade contou en toda a súa existencia. Emprender unha viaxe, probablemente sen retorno, implica un desafío para a mente humana.
Este reto é o que explora na primeira parte da novela xunto cunha pequena introdución a física que permite que unha nave de construcción humana viaxe a unha proporción pequena, pero non despreciable, da velocidade da luz.
Tau é o xeito en que se denomina esta relación das velocidades.
Chegado un punto da viaxe, a expedición sofre un encontro non previsto que afectará de xeito catastrófico a Tau.
..e preséntanse novos problemas.
Tau cero
Sen desvelar nada fundamental da trama, o suceso imprevisto fai que os sistemas que controlan a velocidade da nave Leonora Christine se avaríen e non poidan controlar a física que estabiliza a súa velocidade.
Toda a novela a partir de este punto vóltase un exercicio de elucubración sobre o xeito en que o espazo e o tempo se relacionan e a súa percepción (humana) varía cando a velocidade relativa se vai aproximando a da luz. A viaxe gaña en vertixe (se aínda fose posible) adentrándose en terreos da física teórica que comezaban a ser explorados no século XX (finais dos 60). Neste sentido, na novela descríbense fenómenos grazas a teorías como a da relatividade especial e fanse conxeturas basándose en esas teorías e nos datos observados dispoñibles. Así, sentínme un pouco perdido e abrumado nalgún momento coa palabrería, pero non é obstáculo para desfrutar do relato. Imaxina simplemente un barco a todo trapo, sen timón, e cun mapa de aqueles medievais que dicían aquí hai dragóns.
Non contribúe tampouco a comprensión dos fenómenos descritos, nin a súa verosimilitude, datos como a idade do universo que se estima na novela (moi inflada con respecto aos cálculos actuais) ou a descrición do que acontece nas etapas primixeinas do mesmo, fantasea claramente ao respecto. Polo que a min respecta, calquera astrofísico prestisioxísimo que me dese unha explicación podería estar inventando todo e eu non me enteraría de nada. A física, escribíndose en matemáticas, a estos niveis, alcanza tal nivel de abstracción que dificilmente se poden describir os fenómenos dos que se ocupa máis que con metáforas e analoxías moi pobres.
A viaxe convértese nunha fuxida hacia adiante que os protagonistas xestionan como poden, na súa escala humana, cos seus problemas humanos.
Gostei da súa lectura.
Comments
No comments yet. Be the first to react!