foto portada amazon
Recomendable?
Se es moi moi fan do ciclismo, ou simplemente fan de Perico, este libro resultarache entretido. Sen máis pretensións.
Reseña do editor
En 1983, el ciclismo español se encontraba en un coma profundo: la secreta línea de continuidad que llevaba de Trueba a Fuente y Ocaña, pasando por Berrendero, Ruiz, Loroño, Bahamontes o Jiménez, se había roto. Con la retirada del conquense y del asturiano, con la decadencia del legendario Kas, con la ausencia cada vez más notable de ciclistas hispanos en las carreteras del Tour, una de las tradiciones más ricas de este deporte se había quebrado. Evidentemente, hubo excepciones. Pero, en general, todo era un páramo. Un larguísimo túnel del cual Pedro Delgado salió como una centella. Esta es la historia de un ciclista diferente, de una figura irrepetible, carismática, imperfecta y genial. Es la semblanza de un momento en la historia de España, de un instante en el que todo un país aspira a imaginarse otro, en el que tantas personas se dejaron seducir por un deportista de sonrisa fácil y gesto carismático. Una leyenda.
Perico!!
foto Perico xunto ao seu maillot, fonte: rtve
Un libro para moi fans do ciclismo, pois a prosa non é a principal virtude do mesmo e máis parece dirixido ao lector do Marca.
Con todo, o autor fai un esforzo para intentar reflexar todo o que Perico, o personaxe significou durante os anos 80 do século pasado en España. Era unha figura mediática nivel Nadal, pero moito máis conectado emocionalmente co populacho. Quizáis sexa unha das virtudes do ciclismo: ter aos teus ídolos a un metro de ti sabendo que a súa fortaleza está en superar o sufrimento.
Pedro Delgado tiña un carácter competitivo e unha forma de comportarse que facía que de xeito interxeneracional e todos os estractos sociais o sentísen como un símbolo propio. Un símbolo de España!!.
A Perico hai que querelo (como se soe dicir).
Pivota o libro arredor do acontecido na contrareloxo de Luxemburgo (Tour '89) (vídeo) e (artigo) como metáfora e exemplo de unha época do ciclismo.
Marcos Pereda contextualiza a situación do ciclismo español e tamén describe o momento de crecemento económico e social que experimentou España en esa década. Presenta personaxes que marcaron a época no aspecto deportivo, económico e político que de un xeito ou outro se viron envoltos no mundo de Perico.
Tamén o autor quere transmitir o que moitos atopamos no ciclismo, un deporte que non é mellor nin peor que outros, pero que si conecta coa afición a través de algo tan primario como o esforzo físico puro, unha agonía que entendemos. O libro está cheo de referencias históricas que conectan a época do periquismo coas anteriores e describe os cambios que virían ao retirarse esta xeración de Hinault, LeMond, Fignon, Perico, Roche, ...
A ver si atopo a pancarta cutre que eu mesmo levei un ano a etapa dos Lagos. Aupa Perico!!
Comments
No comments yet. Be the first to react!