Título: La historia de tu vida Stories of Your Life and Others (2002)
Autor: Ted Chiang
imaxe do artigo sobre a obra na wikipedia
Ficción especulativa de carácter científico/filosófico en forma de relatos curtos.
i - La Torre de Babilonia
Coidado con interpretar a Deus, igual é un cabronazo que se está a rir de ti. Poste a facer obras e total pa ná. Cosmoloxía traxicómica ambientada no crecente fértil na que os humanos cren entender a obra de Deus.
ii - Comprende
Biohacking con nootropics, que se nos vai das mans.
iii - Dividido entre cero
O colmo dun crente (nas matemáticas), ou cómo debullar os miolos sobre a consistencia (ou non) das matemáticas.
iv - La historia de tu vida
O da tradutora de polbos e que dá título á recopilación.
Explora os conceptos subxacentes á formulación da linguaxe como vía para comunicar e que, ó mesmo tempo, é unha ferramenta que da forma á nosa percepción. Ou como o xeito en que percibimos dá forma a esta comunicación. O ovo e a pita, xa non sei. Interesante e moi ben fiada esta proposición coa estructura da narración, que nun principio non é evidente pero que se revela sutil e agradablemente. Algo así como se o tempo non fose lineal. Algo así. Da película non lembro nada, así que non sei se ten algo que ver (extrañaríame, moita complicación me parece).
ilustración na wikipedia ilustrando este relato, de Hidenori Watanabe
v - Setenta y dos letras
Acerca da manipulación e extorsión capitalista da clase obreira misturada con euxenesia neocon. Protosindicatos ante capitalistas nazis. Máis ou menos. A ciencia é capaz de emular a Prometeo, sen tanta destreza, e xurde o conflito clásico entre usar os avances científicos para esto ou para aquelo.
vi - La evolución de la especie humana
Microrelato onde un grupo de seres humanos trascende en aptitudes cognitivas ó resto da humanidade creando de facto unha especie diferente que, no relato, obvia ás súas orixes. Os humanos normais non son quen de seguir os avances e coñecemento adquiridos polos metahumamos.
vii - El infierno es la ausencia de Dios
Deus 2.0. Aquí si, maniféstase... de xeito contundente, pero críptico igualmente. E claro, aínda non somos metahumamos e non acabamos de entender o obvio. Ou sí, pero igual os intereses particulares non concordan co Plan Xeral da deidade. A voltas coa Fé e sobre se é conscientemente cega, é dicir, se somos ou nos facemos crentes (cegos) e o dilema moral que isto supón.
viii - ¿Te gusta lo que ves? (Documental)
Outro relato de dilemas morais, esta vez a conto de estar programados para apreciar a beleza física das persoas e como isto nos condiciona en todas as ordes da vida. Se tivesemos xeito de instalar un patch ó cerebro que desactivase dito condiconamento, estarías a favor ou en contra?. O relato son as declaracións, argumentos e contrargumentos, experiencias personais, a prol e en contra de dita modificación, escrito a xeito de transcrición dun pseudo-documental.
Opinión
Aínda que escribo con lixeireza un trazo sobre cada relato, teño que dicir que é un libro moi recomendable, tanto pola claridade na exposición dos dilemas plantexados como polo envoltorio en forma de historia en cada un deles.
Son relatos independentes, de lonxitude variable, que ademáis podes desfrutar na orde e ó ritmo que mellor che conveña.
Comments
No comments yet. Be the first to react!