El cuento de la criada - Margaret Atwood

reseña da novela de Margaret Atwood

Título: El cuento de la criada - The Handmaid's Tale

Autora: Margaret Atwood

TheHandmaidsTale(1stEd).jpg
By Source, Fair use, Link

sinopse

Nun futuro próximo, en Estados Unidos de Amérca, un golpe de estado militar institúe unha forma de estado totalitario onde unha muller narra en primeira persoa a súa historia persoal como Criada, epígrafe que denomina as mulleres que en idade para poder reproducirse teñen esta función como única misión. A tal efecto son utilizadas como un elemento productivo máis por parte do estado.

Moi resumido, este podería ser o conto.

o estado

Describo primeiro ao estado, pois establece o contexto para a muller protagonista.

Ao longo da novela descríbese como de forma violenta un grupo de militares apoiados por certas elites económicas/intelectuais faise co poder en boa parte do que entendemos hoxe en día como EE.UU. de norteamérica.

Este novo goberno, nun contexto de contaminación e destrución ambiental que aparentemente causa o desplome da natalidade, establece un réxime represivo, opresor e de terror con respecto a poboación, apropiándose non só dos medios de produción, se non tamén das propias vidas das persoas ao definir castas non só de índole económica se non tamén de estricta natureza funcional.

Así, a clase dirixente, valéndose da forza e limitando o acceso a cultura e educación, establece que as mulleres en idade reprodutiva que non estivesen casadas segundo o código moral do réxime pasasen a formar parte de un conxunto -as Criadas- que sería formado e coidado co único fin de servir como femias reprodutoras ao servizo do Estado. Matrimonios que non son capaces de ter fillos solicitan unha Criada para ser fecundada.

Este Estado válese de un pseudo-matriarcado, unha especie de sociedade onde as mulleres forman unha unidade aparentemente dotada de poder pero que únicamente serve como instrumento para levar a cabo unha función.

a muller

Así as cousas, unha muller pertencente a primeira xeración de criadas e polo tanto con coñecemento do mundo anterior, describe a xeito de diario tanto cómo se chegou a este estado de cousas así como, principalmente, que se perdeu no camiño, que era importante e de que xeito cambiou a natureza das persoas.

A súa historia persoal serve para ir caracterizando ao antedito estado, pero o conto afonda en si mesma, describe a súa vida anterior e o tipo de problemas, dúbidas e ansias e como a fixeron mudar para desposuíla da súa individualidade reprimindo non só a súa expresión se non tamén o seu pensamento.

Pero somos persoas, e non é doado baldeirarnos... totalmente. É moito máis doado partir do lenzo en blanco, desde pequeniños.

o conto

A natureza e por que do conto desvélase finalmente, non carecendo de certa orixinaldade. A riqueza da novela está no detalle co que a criada se describe como persoa. As dúbidas, remordementos, asunción de erros e responsabilidades, etc.

Ligazóns

Autora na wikipedia

The Handmaid's Tale (serie de televisión)